Reminiscencia - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Reminiscencia
Tradución do termo grego "anámnesis" (etimoloxicamente, lembranza), que Platón utiliza no Menón para dar unha explicación do coñecemento segundo a cal o que chamamos aprendizaxe non é máis que lembranza (teoría da reminiscencia). Platón apóiase na inmortalidade da alma para defender o valor da teoría: sendo a alma inmortal non hai nada que non saiba, polo que a aprendizaxe non é senón a lembranza do que a alma xa sabía. No Fedón refírese outra vez a dita teoría, pero para demostrar agora, mediante o recurso a ela, a inmortalidade da alma.